Nononon é un espazo adicado a investigación do espazo, a luz, o vídeo e o son para a súa aplicación nas artes escénicas e performativas. Nace no ano 2018 coa vontade de xerar un espazo, previo a calquera resultado, e de caracter transversal onde as ferramentas vencelladas a plástica escénica son as protagonistas.
Neste espazo traballan a modo de residencia diversas creadoras e ten a vocación de actuar como lugar de encontro para as artistas e catalizador de proxectos culturais en Galicia.
Proxectos acollidos en Residencia con Mostra aberta
PRÓXIMOS EVENTOS
VIGO. Taller de Deseño de Personaxe con Montse Piñeiro.
No monográfico de creación de siluetas animadas, aprenderemos os recursos
básicos para a creación de personaxes con materiais cotiáns e construiremos a
nosa propia marioneta animable. Unha vez construídas as nosas personaxes,
realizaremos un loop de animación colectivo.
Substraction Cutting con Ki-Fi Lab.
https://www.ki-fi.es/bio/
CHISPAS // ELECTRICIDADE e ELECTRÓNICA para DUMMIES con Rubén Rodríguez Otero.
HELP! Arte? Financiación? Un curso para descubrir onde pedir axudas, como xestionalas e tamén como XUSTIFICALAS! Impartido por Juan Carlos Corredoira
VIGO. Taller de iniciación a TOUCHDESIGNER con Borja Bernárdez.
Descobre TouchDesigner no noso taller para artistas visuais, escenógrafos, iluminadores e
deseñadores gráficos sen experiencia en programación informática.
Aprende a utilizar esta plataforma de programación visual para crear visuais xenerativos,
instalacións interactivas e experiencias inmersivas.
Con instrucións claras e exemplos prácticos, accederás o mundo da tecnoloxía creativa e a arte
dixital. Unha oportunidade única para explorar novas formas de expresión e creatividade.
Prezo 50 €